Thursday 25 de April de 2024

Segue o culebrón do PXOM, Bergondo que desde 2000 redacción


Fariña acusa á alcaldesa de “suprema covardía” e poida que non estea afeito facer as cousas ben”, lle replica a alcaldesa e todo estas lindeces … a poucos meses das eleccións, tras de 10 anos coaligados , é moi raro, como dicía onte un par de veciños de Guisamo, isto cheira a fume e ambos se “necesitan máis que nunca”.

E aparece a gran estrela A Longueira ,a que todos PSOE BNG E AV/AV renegan e dicían que non se fará e da que ninguén oficialmente sabía nada , con todo o departamento de Urbanismo que xestiona Juan fariña AV/AV, fixo un informe favorable hai poucos meses para construír 400 vivendas na Longueira.

E si, todo é fume, nestes 10 anos a alianza dedicou a modificar as normas subsidiarias e contratalas ao equipo redactor ,no canto de centrarse en sacar o plan e agora tómannos por parvos máis cando o PP reclamaba na plenos celeridade do documento e ambos os psoe+av acusábansenos mentir e de alarmar aos veciños e de non saber nada de como se fai un plan… curioso verdade.

Froito da pose para os veciños,” que veñen eleccións” son estas lindeles ambos se “necesitan máis que nunca”.

Veciños, vai sendo hora que reflexionedes se, seguides dándolle máis oportunidades aos de sempre PSEO+BNG+AV/AV, facendo o de sempre ou lle damos oportunidade ao PP, para que endereite esta situación, de parón, baixo perfil na xestión do concello na última década, Nós estamos preparados e sabemos facelo e por tanto queremos demostralo.

Como din moitos dos nosos maiores e non tan maiores asfaltar faino calquera… xestion e outra cousa … imos dalle unha volta e cambia.